viernes 6 de julio de 2007

Tempo


É tempo de cambios, de melloras ou desmelloras según se mire, de medrar coma persona e aprender dos erros, de madurar..o que implica ter que decidir asumindo tódalas consecuencias.

É tempo de recapacitar e intentar amañar parte do pasado, recontrarse cun mesmo..

lunes 30 de abril de 2007

Cuestionario de Proust

Despois duns dias sen atender moito o blog, recibo unha petición de MareLúa, responder a un cuestionario, aqui van as miñas respostas:

  • ¿O principal rasgo do meu carácter?
    pois que acabo rindome de todo, son bastante paiasa
  • ¿A calidade que prefiro nun home?
    A honestidade, por riba de tódalas demais
  • ¿A calidade que desexo nunha muller?
    que me faga rir, e que sexa sincera, que non pase indiferente a ninguén
  • ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
    Pois que sempre están ahi, non lles importa que hora sexa, sei que os podo chamar as 4 da madrugada para contarlles as penas e que atenderán a chamada. A verdade é que estou realmente orgullosa dos meus amigos
  • ¿O meu principal defecto?
    Pois o meu pronto cando me enfado, digamos que non vexo nada do que hai o meu redor, digo as cousas sen pensar, e claro, logo pasa o que pasa. Tamén inflúe que son moi orgullosa
  • ¿A miña ocupación preferida?
    Non académica entendo..Bueno pois gústame moitisimo conducir, creo que podería ir a calquer lugar en coche (sempre que conduza eu, que senon me aburro), tamén está leer e ir a bailar salsa
  • ¿O meu soño de dicha?
    Pois rematar a carrera e escapar da casa dunha vez, ter unha familia, que a xente que quero este ben e sexa feliz...
  • ¿Cal sería a miña maior desgraza?
    uff vaia preguntas que se fan aquí.. de onde as sacaron? pois perder as personas que quero sería unhas das peores desgrazas que me poderían ocorrer
  • ¿Que quixera ser?
    Pois ata os 17 anos quixen ser veterinaria ou médico, agora a miña prioridade é rematar empresariales e logo xa se verá, ainda que me inclino por auditoría
  • ¿Onde desexaría vivir?
    En calquera lugar, pero sempre preto do meu mozo
  • ¿A cor que prefiro?
    depende bastante de día, para vestir gústame moito o negro, para o resto das cousas o azul
  • ¿A flor que prefiro?
    calquera que sexa branca, ainda que a miña favorita son os tulipáns, gústanme pola súa sencillez
  • ¿O paxaro que prefiro?
    mmm non me gustan demasiado os paxaros a verdade, quédome con calquera que viva en libertad
  • ¿Os meus autores preferidos en prosa?
    Isabel Allende, Ken Follet, Noah Gordon, Ildefonso Falcones.. Creo que leo demasiado..
  • ¿Os meus poetas preferidos?
    Neruda, será moi típico, pero é o que mais me gusta
  • ¿Os meus heroes de ficción?
  • Pois a verdade que Homer simpson, porque é capaz de manter unha familia cun traballo modesto, sendo o vago número 1, sen estudios e emborrachándose continuamente no bar de Moe.
  • ¿As miñas heroínas de ficción?
    Marge Simpson, por aguantar un home coma Homer
  • ¿Os meus compositores preferidos?
    Luis Eduardo Aute é un deles
  • ¿Os meus pintores predilectos?
    Teño certa predileccion por Velazquez
  • ¿Os meus heroes da vida real?
    Meu avó. Foise para Arxentina moi noviño, e regresou cunha familia e con mil proxectos na mente. Foi todo un avanzado o seu tempo, gran debuxante e matemático
  • ¿As miñas heroínas históricas?
    Direi Maria Pita
  • ¿Os meus nomes favoritos?
    de home Manuel ou Nicolás, de muller: Aitana
  • ¿Que detesto máis que nada?
    mmm ter a alguén o lado que se está a morder as uñas, desquiciame un pouco si
  • ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
    Pois as guerras
  • ¿Que feito militar admiro máis?
    Sinceramente ningún
  • ¿Que reforma admiro máis?
    Admiraría que dunha vez por todas se reformase a constitución española, que xa vai quedando algo vella...
  • ¿Que dons naturais quixeras ter?
    A verdade é que sempre quixen ter un lado artístico para a píntura como tiña o meu avó, para de facer calquera cousa con dúas liñas
  • ¿Como me gustaría morrer?
    De momento non me gustaria morrer a verdade, pero se non queda outra, que sexa de vella, rodeada dos fillos e netos, gustaríame morrer en paz e sen ningún tipo de dor
  • ¿Estado presente do meu espírito?
    En un estado constante de nervios pola proximidade dos exames, polo demais bastante ben, con dias bos e dias malos, pero non me podo queixar
  • ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
  • Creo que todo é perdonable, tardase mais ou menos. As unicas persoas que non podería perdoar son os asasinos e terroristas.
  • ¿O meu lema?
  • Arrepíntete do que fixeches, non do que deixaches de facer

martes 3 de abril de 2007

Campaña Durex





A marca Durex busca testeadores de condóns e lubricantes, a cambio ofrece 735 euros. é unha verdadera mágoa que aquí non fagan esta campaña, por que mais de un (inclúome) desexaría probar tódala súa gama de productos, e ainda por riba que te paguen, o dito, unha pena.

Por que en España non se fan este tipo de propostas? somos tan conservadores que estaría mal visto? A min, sin dúbida algunha pareceme unha boa estratexia de animar a población a usar este tipo de productos.

Para ler a noticia completa: Aquí

miércoles 28 de marzo de 2007

Lágrimas



Hoxe teño ganas de chorar, por aquelas palabras non ditas a tempo, por todolos momentos desperdiciados e por toda a presión dos ultimos meses.

Por todo e por nada. Mañá será outro día

lunes 26 de marzo de 2007

Noticia do día

"SE PROSTITUYE A LOS 73 PARA NO ESTAR SOLA

Una abuela de 73 años, que logro dejar la prostitucion, tras mas de dos
décadas de ejercerla en una esquina de Lisboa, dijo a la prensa que ha
vuelto a vender su cuerpo para no sentirse sola.
Tiene hijos y nietos que ignoran su vida"

Extraído de aquí

Esta foi a noticia que me deixou de pedra hoxe, non sei o que mais me sorprende, que a avoa venda o seu corpo, ou que teña clientes. Xa ten que ser triste non ter contacto familiar, canto mais coma para chegar onde chegou esta pobre muller.

miércoles 14 de marzo de 2007


Non existen cartos no mundo suficientes para comprar esta sensacion. Síntome 100% afortunada. Pero, ¿Porqué custa tanto espresar os sentimentos?

martes 13 de marzo de 2007



Se queres que algo cambie, comenza cambiando ti mesmo...

sábado 3 de marzo de 2007




"Quero ser a musa dos teus soños mais húmidos, raiña de tódalas perversións"



Foto: Pascal Renoux

lunes 26 de febrero de 2007



Gala dos Oscar 2007, Zandra Rhodes, diseñadora de vestuario.

A pobre non se decatara de que o entroido xa rematou...

Foto: 20 minutos

miércoles 21 de febrero de 2007

Entroido


Pódese dicir, que levo festexando o entroido soamente os últimos 5 anos. Cando era pequena, odiábao, aborrecianme os disfraces, as carrozas, a xente agolpada pola rúa, os cativos eses que van con un buzo tirando petardos e cos sprays (Ben, a eses os sigo odiando)..Pero cando tiña 17 anos comencei a disfrazarme coas miñas amigas por Vilalba, e curiosamente, a día de hoxe adoro o entroido, é unha festa que comenzamos a preparar con bastante tempo de antelación, de feito, xa sabemos de que no imos a disfranzar o ano proximo.

Temos uns pequenos requisitos, o principal e o de facernos un disfraz mais ben caseiro, ou dito doutra forma, o noso presuposto aproximado por ano son 2€, ainda que pareza incrible, utilizamos roupa vella e moitixima imaxinación, un ano disfrazámonos de musas gregas, outro, de bonecas chochonas, de hippies, e este último de vaqueiras, soamente disfrazámonos 3, pero o ben que o pasamos non ten prezo..


P.D.: Aquí os deixo a foto deste ano, onde aparecemos as 3 de vaqueiras