Entroido
Pódese dicir, que levo festexando o entroido soamente os últimos 5 anos. Cando era pequena, odiábao, aborrecianme os disfraces, as carrozas, a xente agolpada pola rúa, os cativos eses que van con un buzo tirando petardos e cos sprays (Ben, a eses os sigo odiando)..Pero cando tiña 17 anos comencei a disfrazarme coas miñas amigas por Vilalba, e curiosamente, a día de hoxe adoro o entroido, é unha festa que comenzamos a preparar con bastante tempo de antelación, de feito, xa sabemos de que no imos a disfranzar o ano proximo.
Temos uns pequenos requisitos, o principal e o de facernos un disfraz mais ben caseiro, ou dito doutra forma, o noso presuposto aproximado por ano son 2€, ainda que pareza incrible, utilizamos roupa vella e moitixima imaxinación, un ano disfrazámonos de musas gregas, outro, de bonecas chochonas, de hippies, e este último de vaqueiras, soamente disfrazámonos 3, pero o ben que o pasamos non ten prezo..
P.D.: Aquí os deixo a foto deste ano, onde aparecemos as 3 de vaqueiras


10 Rompe el silencio:
Eu teño bastante espírito de Entroido, pero poucas veces consigo disfrazarme. Iso sí, ó cocido, ás filloas e ás orellas entrégome plenamente ;)
Eu tamén sei diso de apañar disfraces de baixísimo presuposto. ¡A de desfeitas que fixen cosendo trapos e pezas dispares con estas zarpas! buf
Mamainha as mais rápidas do Oeste do Rio Minho (Pecos em terminologia far west
Abração!
vaia pintiñas....
Eu creo que o de marcarse un presuposto mini para os disfraces de antroido é unha boísima filosofía: non gastas e ademais agudizas o inxenio, deste xeito a cousa sempre deriva en inventos bastante interesantes.
Pois eu son carnavaleira dende sempre, sobre todo dende que pasei nove anos en Xinzo de Limia, onde o Carnaval é a vida, e todo xira ó seu arredor. E direiche que iso de disfrazarse co que un atopa pola súa casa e sen gastar cartos, eso é o verdadeiro espírito do Carnaval.
Rifo I de Zeuquirne.
Eu este ano case nin me enterei do Entroido... Agora, o ano que vén vouno celebrar por duplicado!! Facer os disfraces na casa é o mellor.
Saudiños!!
Eu este ano non puiden festexalo pq paseino enferma pero é unha das miñas festas preferidas...
Unha aperta.
:)
Fíxate que a min pasoume ao revés ca ti; toda a nenez disfrazándome practicamente tódolos días do entroido, e agora xa non me chama tanto coma antes, e aínda que me disfrazo... non o vivo de igual xeito; debe ser que non teño que agardar por estas datas para disfrazarme ;D
Bicos!
Son Sonia, unha das pistoleiras. jajajaja. Este ano si que me molou o disfraz. Ainda que non fosedes condescendentes comigo e levasedes os pantalons estilo Gavilanes e non como autenticas vaqueiras. jajaja. É bromaaa.
Encántame o entroido. :D
Biquiños.
Eu son da zona de Ourense, da parte do Bolo e Valdeorras e por alí o entroido é moi importante. Cando ía ao instituto, durante esas datas... chegaba perdida de fariña e ovos¡¡¡ Iso é divertido, cabrea e non o esquecemos nin de coña.
Publicar un comentario en la entrada