lunes 26 de febrero de 2007



Gala dos Oscar 2007, Zandra Rhodes, diseñadora de vestuario.

A pobre non se decatara de que o entroido xa rematou...

Foto: 20 minutos

miércoles 21 de febrero de 2007

Entroido


Pódese dicir, que levo festexando o entroido soamente os últimos 5 anos. Cando era pequena, odiábao, aborrecianme os disfraces, as carrozas, a xente agolpada pola rúa, os cativos eses que van con un buzo tirando petardos e cos sprays (Ben, a eses os sigo odiando)..Pero cando tiña 17 anos comencei a disfrazarme coas miñas amigas por Vilalba, e curiosamente, a día de hoxe adoro o entroido, é unha festa que comenzamos a preparar con bastante tempo de antelación, de feito, xa sabemos de que no imos a disfranzar o ano proximo.

Temos uns pequenos requisitos, o principal e o de facernos un disfraz mais ben caseiro, ou dito doutra forma, o noso presuposto aproximado por ano son 2€, ainda que pareza incrible, utilizamos roupa vella e moitixima imaxinación, un ano disfrazámonos de musas gregas, outro, de bonecas chochonas, de hippies, e este último de vaqueiras, soamente disfrazámonos 3, pero o ben que o pasamos non ten prezo..


P.D.: Aquí os deixo a foto deste ano, onde aparecemos as 3 de vaqueiras

miércoles 14 de febrero de 2007




Teño unha extraña afición dende hai moitos anos, que é a de sacar fotos a carteis, nomes de rúas ou publicidade con cousas curiosase que me chamen bastante a atención.
Este post, o primeiro desde o mes de xaneiro, quero compartir algunhas das fotos que saquei en Lugo e provincia, Tanto Lugo coma Santiago son as miñas ciudades preferidas para atopar cousas coma estas, xa que coñezo mellor a provincia de Lugo, adico este post os 3 carteis que mais me chamaron a atención.
A primeira foto: Está feita no Muiño do Rañego, en Vilalba
A segunda e a terceira son de San Froilan 2005.