lunes 30 de abril de 2007

Cuestionario de Proust

Despois duns dias sen atender moito o blog, recibo unha petición de MareLúa, responder a un cuestionario, aqui van as miñas respostas:

  • ¿O principal rasgo do meu carácter?
    pois que acabo rindome de todo, son bastante paiasa
  • ¿A calidade que prefiro nun home?
    A honestidade, por riba de tódalas demais
  • ¿A calidade que desexo nunha muller?
    que me faga rir, e que sexa sincera, que non pase indiferente a ninguén
  • ¿O que máis aprecio nos meus amigos?
    Pois que sempre están ahi, non lles importa que hora sexa, sei que os podo chamar as 4 da madrugada para contarlles as penas e que atenderán a chamada. A verdade é que estou realmente orgullosa dos meus amigos
  • ¿O meu principal defecto?
    Pois o meu pronto cando me enfado, digamos que non vexo nada do que hai o meu redor, digo as cousas sen pensar, e claro, logo pasa o que pasa. Tamén inflúe que son moi orgullosa
  • ¿A miña ocupación preferida?
    Non académica entendo..Bueno pois gústame moitisimo conducir, creo que podería ir a calquer lugar en coche (sempre que conduza eu, que senon me aburro), tamén está leer e ir a bailar salsa
  • ¿O meu soño de dicha?
    Pois rematar a carrera e escapar da casa dunha vez, ter unha familia, que a xente que quero este ben e sexa feliz...
  • ¿Cal sería a miña maior desgraza?
    uff vaia preguntas que se fan aquí.. de onde as sacaron? pois perder as personas que quero sería unhas das peores desgrazas que me poderían ocorrer
  • ¿Que quixera ser?
    Pois ata os 17 anos quixen ser veterinaria ou médico, agora a miña prioridade é rematar empresariales e logo xa se verá, ainda que me inclino por auditoría
  • ¿Onde desexaría vivir?
    En calquera lugar, pero sempre preto do meu mozo
  • ¿A cor que prefiro?
    depende bastante de día, para vestir gústame moito o negro, para o resto das cousas o azul
  • ¿A flor que prefiro?
    calquera que sexa branca, ainda que a miña favorita son os tulipáns, gústanme pola súa sencillez
  • ¿O paxaro que prefiro?
    mmm non me gustan demasiado os paxaros a verdade, quédome con calquera que viva en libertad
  • ¿Os meus autores preferidos en prosa?
    Isabel Allende, Ken Follet, Noah Gordon, Ildefonso Falcones.. Creo que leo demasiado..
  • ¿Os meus poetas preferidos?
    Neruda, será moi típico, pero é o que mais me gusta
  • ¿Os meus heroes de ficción?
  • Pois a verdade que Homer simpson, porque é capaz de manter unha familia cun traballo modesto, sendo o vago número 1, sen estudios e emborrachándose continuamente no bar de Moe.
  • ¿As miñas heroínas de ficción?
    Marge Simpson, por aguantar un home coma Homer
  • ¿Os meus compositores preferidos?
    Luis Eduardo Aute é un deles
  • ¿Os meus pintores predilectos?
    Teño certa predileccion por Velazquez
  • ¿Os meus heroes da vida real?
    Meu avó. Foise para Arxentina moi noviño, e regresou cunha familia e con mil proxectos na mente. Foi todo un avanzado o seu tempo, gran debuxante e matemático
  • ¿As miñas heroínas históricas?
    Direi Maria Pita
  • ¿Os meus nomes favoritos?
    de home Manuel ou Nicolás, de muller: Aitana
  • ¿Que detesto máis que nada?
    mmm ter a alguén o lado que se está a morder as uñas, desquiciame un pouco si
  • ¿Que caracteres históricos desprezo máis?
    Pois as guerras
  • ¿Que feito militar admiro máis?
    Sinceramente ningún
  • ¿Que reforma admiro máis?
    Admiraría que dunha vez por todas se reformase a constitución española, que xa vai quedando algo vella...
  • ¿Que dons naturais quixeras ter?
    A verdade é que sempre quixen ter un lado artístico para a píntura como tiña o meu avó, para de facer calquera cousa con dúas liñas
  • ¿Como me gustaría morrer?
    De momento non me gustaria morrer a verdade, pero se non queda outra, que sexa de vella, rodeada dos fillos e netos, gustaríame morrer en paz e sen ningún tipo de dor
  • ¿Estado presente do meu espírito?
    En un estado constante de nervios pola proximidade dos exames, polo demais bastante ben, con dias bos e dias malos, pero non me podo queixar
  • ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia?
  • Creo que todo é perdonable, tardase mais ou menos. As unicas persoas que non podería perdoar son os asasinos e terroristas.
  • ¿O meu lema?
  • Arrepíntete do que fixeches, non do que deixaches de facer

martes 3 de abril de 2007

Campaña Durex





A marca Durex busca testeadores de condóns e lubricantes, a cambio ofrece 735 euros. é unha verdadera mágoa que aquí non fagan esta campaña, por que mais de un (inclúome) desexaría probar tódala súa gama de productos, e ainda por riba que te paguen, o dito, unha pena.

Por que en España non se fan este tipo de propostas? somos tan conservadores que estaría mal visto? A min, sin dúbida algunha pareceme unha boa estratexia de animar a población a usar este tipo de productos.

Para ler a noticia completa: Aquí